Axudas do Igape aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 09, actuación 4, e convocar para 2013 as ditas axudas.

Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, entre eles:

  1.  Non teñan comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
  2. Presenten un custo subvencionable superior a 35.000 € e non superior a 500.000 €, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.
  3. Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia á data de presentación da solicitude de axuda. Considerarase que non se cumpre esta condición cando unha persoa no momento da solicitude figure de alta no RETA cunha antigüidade superior a un ano ou detente unha participación igual ou superior ao 25 % noutra sociedade mercantil.

Desde a nosa asesoría pretendemos dar cobertura a tódalas aquelas subvencións e axudas que tanto en Galicia, como en calquera dos concellos da nosa área de influencia  (Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carballo, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Sada….) poidan ser de interese.

 

fuente: Xunta de Galicia