arco-r Asesores, fiscal, contable, laboral, rentas. Arteixo. A Courña
arco-R Asesores Twitter arco-R Asesores Facebook

Fecha: 05-06-2013 | 00:00
Categoría: otros

fuente: ARCO R ASESORES


ABERTO O PRAZO DAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO ESCOLAR 2013/2014.

Desde a nosa asesoría informámovos que se acaban de convocar as axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2013/2014.

O prazo de presentación de instancias será o seguinte: 


a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.

b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013, ambos inclusive.

c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2013, ambos inclusive.

d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculadas con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2014. 

Beneficiarios:

Alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2013/2014.

A concesión da axuda comporta as seguintes obrigas:
a) Seguir as directrices que marca a orde da convocatoria e destinar o importe da axuda na súa integridade á adquisición dos libros e demais materiais curriculares, didáctico e complementario, propios do curso académico para o que se solicitou a axuda, segundo a relación que para tal efecto teña publicado o centro onde estea matriculado o alumnado.
b) Cooperar coa Administración educativa en cantas actividades de inspección e verificación leven a cabo, para asegurar o correcto destino da axuda.
c) As establecidas para os beneficiarios no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

Requisitos:

a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2013/2014, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo se emprega material que non pode ser reutilizado.

b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas la Ley de subvencións de Galicia. 
 
c) Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria, ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.

fuente: CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACION UNIVERSITARIA


nombre
comentario
Avda. Finisterre, 34 Entlo.
15142 - ARTEIXO - A Coruña
Tlf: 981 600 947
Fax: 981 600 454
info@arco-r.es
aviso legal
mapa web
diseño I•SOS
arco-R © 2013